Actividades

Germán Díaz e Benxamín Otero presentan en concerto Trece cancións bonitas

Germán Díaz e Benxamín Otero presentan en concerto Trece cancións bonitas

20/04/2019

Este sábado, día 27 de abril, ás 20 hrs, Germán Díaz e Benxamín Otero presentan no auditorio da Casa-Museo Manuel María o seu traballo “Trece cancións bonitas”. Schubert, Satie, Galliano ou Clastier, cancioneiros como o de Inzega ou o de Federico Olmeda e melodías propias, compoñen o corpus eclético e accidental que conforma este persoal concerto.
Instrumentos como o óboe e o corno inglés uniranse ás sonoridades medievais da zanfona e a particulares instrumentos mecánicos como o órgano de barbaria, o aurephone ou a caixa de música programábel, en que os músicos perforan os seus propios cartóns con arranxos actuais para vellas melodías.
O prezo do billete para asistir este concerto é de 5 euros e pode reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao tel. 698177621