Actividades

"Fóra do normal" de María Raimóndez foi o libro escollido hoxe para a sesión do Clube de Lectura Xuvenil da Casa-Museo

08/05/2021

A sesión iniciouse cunha dinámica sobre a obra de Xela Arias

O bo tempo permitiu que a xuntanza de hoxe da rapazada do Clube de Lectura xuvenil fose na horta da Casa Museo.
Aquí vos deixamos un par de imaxes desta xornada, que achegou a Vigo ás participantes. E non foi só pola ambientación de Fóra do normal, o libro de María Reimóndez do que se falou; tamén houbo unha pequena dinámica inicial a partir da obra de Xela Arias. Eis tedes o resultado da nosa aperta poética de Denuncia do equilibrio. 
Boas letras, amig@s! Apertas de libro

Galería de fotos

Aperta poética de

Aperta poética de "Denuncia do equilibrio"

Resultado da dinámica inicial a partir da obra de Xela Arias.

Eva (2021)