Actividades

Finalistas da II edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e de Manuel María

Finalistas da II edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e de Manuel María
06/05/2018

O xurado do II Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, organizado pola Casa-Museo Manuel María, acordou declarar como finalistas os seguintes traballos:

-Lúa descolorida, de Xiana Collazo Rial (CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro)
-Rosalía vive en nós, de Paula Álvarez, Esther López, Marcos Montaña, Miguel Osorio, Celia Pardo e Nicolás Vilela (IES de Becerreá)
-Galicia, de Camilo López Martínez (CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas)
-O foguete, de Óscar Lagares e Samuel Román (IES Francisco Aguiar de Betanzos)
-Mais vé que o meu corazón, de María Corral e Iara Obelar (IES Francisco Aguiar de Betanzos)
-Negra sombra, de Antía Outeiral, Antía Rodríguez, Antía Caamaño e Sara Tubío Rial (IES Félix Muriel de Rianxo)
-Pobre Galicia, de Carla Raño Romero, Carla Pedrouzo Castro e Diego Rey Franco (IES Félix Muriel de Rianxo)
-Alborada, de Gabriel Otero López (IES Perdouro de Burela)
-O mar, de Laura Fernández Galán (IES Perdouro de Burela)
-A xustiza pola man, de Laureano Figueira Tembra e Noa Piñeiro Caamaño (IES Félix Muriel de Rianxo) 
-Has de cantar meniña gaiteira, de Adriana Caldas Lorenzo (CPI Domingo Fontán de Portas)
-A xustiza pola man, de alumnado terceiro da ESO (Colexio San Fernando de Vigo)
-A xustiza pola man, de Irene Fernández Romero, Helena Ordóñez Sampedro e María Lorenzo Rubio (IES Félix Muriel de Rianxo)
-Negra sombra, de Sara Casanova Martínez (IES de Quiroga)
-Amores cativos, de Alba Rocha López e Micaela López Galeano (CPI A Xunqueira de Fene)
-Cando a luniña aparece, de Iria Castro Yáñez e Ana Manso Fernández (IES Xesús Taboada Chivite de Verín)
-Tecín soia a miña tea, de Alba Rodríguez González, Paula Martínez Lorenzo, Helena Pousada Godás, María Elisa Álvarez Bravo, Sara Portela Ruíz e Juan Gallego Otero (IES Xesús Taboada Chivite de Verín)

Os videopoemas finalistas pasarán á seguinte fase do certame a celebrar o próximo día 19 de maio no auditorio da Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei). Ese día farase unha proxección pública dos traballos finalistas e concederanse os premios.
A xornada, en que están convidadas todas as persoas participantes, así como as persoas e/ou familiares que as acompañen, e o público en xeral, terá o seguinte desenvolvemento:
Ás 11:30: Chegada e acomodación dos/as participantes.
Ás 11:35: Presentación e proxección dos videopoemas finalistas.
Ás 12:05: Espectáculo de maxia a cargo do mago David Méndez
Ás 12:35. Entrega de premios e finalización do acto
Ás 12:45. Visita guiada da Casa-Museo Manuel María

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo