Actividades

Faia Díaz e Vero Rilo, APATACÓN, actuarán este sábado na Casa-Museo Manuel María

Faia Díaz e Vero Rilo, APATACÓN, actuarán este sábado na Casa-Museo Manuel María

13/05/2019

Por unha peseta, é o nome do espectáculo onde se combina a voz cantada e a voz narrada para nos achegar historias de vida cheas de humor, sensibilidade e tenrura propias das nosas xentes

A vocalista Faia Díaz (Coro Encaixe, Devacas...) e a contadora Vero Rilo (Daboapipa, Rilo&Penadique...), APATACÓN, presentan este sábado, 18 de maio, ás 20.30, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, o seu espectáculo "Por unha peseta", un traballo onde voz narrada e cantada achégase por menos de nada para encontrar canto vale unha peseta.

Historias de vida recollidas na nosa contorna e no universal que nos achegan a partes iguais ao humor, á sensibilidade e á tenrura propias da nosa xentes. "Por unha peseta" lévanos aos tempos dos nosos devanceiros, mais desde un punto de vista actual que respecta os seus saberes, tradicións, historias e retranca (https://www.youtube.com/watch?v=_rlVNkYwoEI )

O espectáculo ten unha duración de unha hora e pode reservarse o billete (5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no tel. 698177621