Actividades

Este sábado todas as galegas e galegos estamos convidadas ao Convivio da Cultura Galega

Este sábado todas as galegas e galegos estamos convidadas ao Convivio da Cultura Galega
11/07/2018

Estamos a tan só 3 días para celebramos máis un ano o Convivio da Cultura Galega. Esperamos armar unha boa entre todas as persoas que acudamos á fachenda da tribo, o Campo de Santa Isabel, “alí onde son -xente e paisaxe- un cósmico latexo indivíbel”, e todo dentro dun espírito comunitario, como o das tradicionais romaxes, e arredor do noso querido e admirado Manuel María.

 

Con certeza que xa teredes sinalado no voso calendario esta data mais sirva este recordatorio para vos informar de como desenvolveremos o día.

Ás 11.30, a horta da Casa-Museo será o espazo da acollida para todas aquelas e aqueles que se acheguen a Outeiro de Rei. Alén do saúda por parte da Casa-Museo Manuel María, acompañarán este momento a  Asociación Cultural e Musical SOLFA e a música tradicional da agrupación UNTIA que interpretarán unhas pezas. Desde alí sairemos ao son das gaitas cara ao cemiterio de Outeiro, onde depositaremos unhas flores na campa de Manuel María.

A Carballeira de Santa Isabel será o lugar central da festa. Neste lugar, ás 13 hrs, poderemos escoitar á BANDA MUNICIPAL DE RÁBADE-BEGONTE-OUTEIRO “SONS E SOÑOS”, para logo termos un xantar demorado en que cada quen debe traer a súa comida. 

Ás 16.30 o grupo de teatro Pereira de Lobos  representará con monicreques “Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo”. E ás 17 hrs comezaremos a nosa foliada, que coordina Xurxo Souto, e na que UNTIA, TREBOADA, BIRLOQUE GAITEIROS, COITELO DE PAU, PARABÉNS, REVIRAVOLTA, CANTAREIR@S.COM.TIGO...animarán coa súa música.

Saúdos e vémonos este sábado!

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo