Actividades

Elefante Elegante presenta este sábado, ás 18 h, "Tristán"

Elefante Elegante presenta este sábado, ás 18 h,

22/05/2018

Trátase dunha peza visual e xestual dirixida para público infantil

 Gonçalo Guerreiro, director e actor na obra, sinala que esta trata dun “espectáculo que conta a historia de Tristán. Un día, de tan triste que estaba decidiu arrincar o seu corazón para nunca máis sufrir e deullo a un paxaro que pasaba por alí. Mais as cousas non lle saíron como el esperaba. Tristán non deixou de sufrir, e o que foi peor, nunca máis un sorriso, por pequeno que fose, se debuxou nos seus beizos. A partir daquel día pasaron a chamarlle Tristán cara de can. Mais a historia non remata así...Dentro dunha misteriosa caixa aparece unha boneca de trapo que vai tentalo todo para facer rir ao noso personaxe. Será ela capaz?”

Podedes ver nesta ligazón un adianto do que será a función (https://www.youtube.com/watch?time_continue=11&v=z9uWMFtCtOc)

A actividade está programada pola Casa-Museo Manuel María e as ANPAs dos CEIPs Otero Pedrayo de Rábade e Laverde Ruíz de Outeiro de Rei. O prezo do billete é de 2 euros e pódese reservar chamando ao tel. 698 177 621 ou escribindo un correo ao enderezo contacto@casamuseomanuelmaria.gal