Actividades

"Contos nas orellas", con Bea Campos, este sábado

27/02/2023

Ás 17 horas e para público familiar

Contos de risa, trasnos e meniñas aventureiras... A tradición oral da man da literatura infantil e da contadora Bea Campos. Co ritmo das ondas no maxín, o público entrará no mundo da fantasía e da imaxinación…
Contos nas orellas é unha sesión de contos con música para todos os públicos onde nenas/os e maiores poderán gozar, durante corenta e cinco minutos, das historias e de divertidas cancións.
Bea Campos é actriz, narradora e presentadora. Desde moi nova comezou a contar contos e leva realizado moitísimas actuacións. Fai parte da compañía "Migallas Teatro" con diferentes espectáculos para público desde os 6 meses até os 100 anos. É formadora no eido da expresión dramática, da narración oral e da literatura infantil.