Fundación Manuel María de Estudos Galegos
03/02/2020
A proposta de narración oral de Caxoto conta a orixe da paixón de Sabela pola música
Este sábado, 8 de febreiro, ás 18 hrs, o narrador Caxoto, a través do manexo dos máis insólitos instrumentos musicais, contará, na Casa-Museo Manuel María, a orixe da paixón de Sabela pola música. A actividade vai dirixida para nenas entre 4 e 7 anos. O billete ten un prezo de 2 euros e pode reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal