Actividades

Concerto de Música Miúda para as crianzas e as súas familias

Concerto de Música Miúda para as crianzas e as súas familias

17/01/2022

Esta actividade dá comezo á nova temporada

Este sábado, 22 de xaneiro, ás 17 horas, retomamos a actividade cultural dirixida para as nenas e nenos e as súas familias. E facémolo cun concerto de MÚSICA MIÚDA.
 
“Música Miúda” é unha banda composta por Irene Quinteiro, Miguel Alonso e Óscar Martínez que naceu en 2019 e percorreu con dous espectáculos (“Cambia o conto” e “Historias de Bemol Pequeno”) moitas bibliotecas e escolas galegas. Espectáculos  en que mesturan contos e cancións de creación propia, con especial fincapé na diversidade e a integración, cunha perspectiva de xénero e de promoción da nosa lingua. Actualmente están a preparar o seu primeiro libro-disco. 
 
No concerto deste sábado van recompilar os temas da banda que conforman os dous contacontos musicais. A meiga Xela, o dinosauro Pepón, Antía Carapuchiña, o pirata Efrén e máis personaxes levarán ás persoas que asistan pola vila de Bemol Pequeno para aprender, cantar e divertirse nun espectáculo de música en directo para toda a familia! 
 
É unha actividade dirixida para nenas e nenos maiores de 3 anos. Para asistirdes á actividade cómpre reservar previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621. O prezo do billete é de 2 euros.