Actividades

Concerto acústico de Minguante este sábado en Outeiro de Rei

Concerto acústico de Minguante este sábado en Outeiro de Rei

Presentará o seu disco "O incrible historia dos homes minguantes"

O dúo musical Minguante estará este sábado, 22 de abril, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María para presentar, en concerto acústico, o seu traballo  A incrible historia do home minguante. 
 
Minguante está composto por Miguel Alonso (voz, guitarra e harmónica) e Óscar Martínez (voz, guitarra e caixa), dous músicos de ampla traxectoria, que en maio de 2022 editaron este primeiro traballo longo con que están a presentar por toda Galiza.
 
O concerto deste sábado, alén das cancións de autor e pop deste disco, incluirán cancións dos seus proxectos individuais, como o de Literaria, onde Miguel Alonso musicalizou once poemas de escritores galegos actuais como Toño Núñez, Marta Dacosta, Iolanda Aldrei...  
 
Para asistir ao concerto (billete 5 euros) cómpre reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.
 
https://www.youtube.com/watch?v=vxu9Hl6a1uA
https://www.youtube.com/watch?v=nPwrd-Ec2bI
https://www.youtube.com/watch?v=-jXcCtBvQx0