Actividades

Xosé Manuel Sánchez Rei falará este sábado na Casa-Museo Manuel María sobre "Como valorizarmos a lírica tradicional galega"

Xosé Manuel Sánchez Rei falará este sábado na Casa-Museo Manuel María sobre

07/05/2018

O acto será acompañado dunha actuación musical a cargo dos gaiteiros Pepe Vaamonde e Uxío Vaamonde Murias

O profesor de Filoloxía Galega da UdC Xosé Manuel Sánchez Rei falará este sábado, ás 20 hrs, na Casa-Museo Manuel María, sobre "Como valorizarmos a lírica tradicional galega: o caso de Cantar na Coruña".

Cantar na Coruña é unha publicación recente que contén máis de catrocentos cantares tradicionais galegos. Compilados durante os séculos XVIII e XIX, na súa maioría na comarca da Coruña, van precedidos dun estudo introdutorio de forma a situalos cultural, histórica e lingüisticamente. Estes textos, alén de daren a coñecer unha parte do rico patrimonio inmaterial do país, xurdido e transmitido co pasar de xeracións, servirán non só para nos aproximarmos dos modos de vida das galegas e dos galegos da época, mais tamén para sabermos máis un pouco sobre o estado da lingua naquela altura e, igualmente, para recuperarmos desde a actualidade unha forma de manifestación artístico-literaria e de lecer de tanta raizame na Galiza. 

Ao final do acto, os gaiteiros Pepe Vaamonde e Uxío Vaamonde Murias levarán a cabo unha actuación musical.