Actividades

Coa música de CALDO, o 19 de outubro, dará comezo a programación cultural do último trimestre da Casa-Museo Manuel María

Coa música de CALDO, o 19 de outubro, dará comezo a programación cultural do último trimestre da Casa-Museo Manuel María

O concerto será ás 19 hrs e encádrase no Día das amigas e amigos da Fundación Manuel María

O próximo 19 de outubro, ás 19 hrs, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, o grupo musical CALDO formado por María Jorge no violín, Pedro Fariñas na guitarra e Anaïs Barbier voz e pandeireta dará un concerto en que afondará na revisión do repertorio tradicional e en composicións propias. 

O espectáculo é de entrada libre até completar o aforo e para reservar a entrada pode facerse escribindo un correo a contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao tel. 698177621.

O concerto, co que se dá inicio á actividade cultural do último trimestre da Casa-Museo Manuel María, encádrase dentro dunha xornada dedicada aos amigos e amigas da Fundación que previamente farán unha pequena ruta por lugares e espazos íntimos de Manuel María en Outeiro de Rei, así como un encontro informativo e valorativo dos proxectos da Fundación Manuel María.