Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Será este sábado, ás 19 horas
CANDORKA TRÍO é un proxecto que toma como eixo definitorio a música de raíz e a vontade de a expresar desde a experimentación e o inconformismo.
Unha proposta contemporánea que abranxe do son mais enérxico até o intimista e que aposta pola modernidade sen renunciar às melodías que ainda conservan a capacidade para nos definir nun mundo cada vez máis global.
FONSAGRADA é o seu primeiro traballo, froito da complementariedade e das inquedanzas de tres músicos que souberon conxugar o repertorio gaitístico e vogal da comarca da Fonsagrada con sonoridades que proceden do jazz europeo, o rock ou a vertente clásica.
O concerto está programado para as 19 horas, deste sábado, día 14 de novembro. O billete ten un prezo de cinco euros e cómpre reservar previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621