Actividades

Cándido Pazó representará "Que comerá o rei?" na Casa-Museo Manuel María

Cándido Pazó representará

24/04/2018

Un espectáculo en que presentará unha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao

O vindeiro 5 de maio, sábado, ás 20 horas, Cándido Pazó representará no auditorio da Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei, Que comerá o rei?, unha serie de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao.  

Coa palabra como única ferramenta, Pazó procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente do xenial artista. O actor vigués ten calificado a peza como un "acto de desagravio" contra todo ese descoñecemento que houbo ao redor de Castelao nunha época determinada.

O prezo do billete é de 5 euros e pódese reservar anticipadamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou tel. 698177621