Actividades

Cándido Pazó en "Memorias dun neno labrego" o sábado 10 de abril

Cándido Pazó en

02/04/2021

Espectáculo teatral baseado no libro de Neira Vilas que este ano fai sesenta anos da súa primeira publicación

Monólogo escénico-narrativo de Cándido Pazó sobre o libro de Xosé Neira Vilas, no 60 aniversario da súa primeira publicación. “Memorias dun neno Labrego” publicouse, en 1961, en Buenos Aires e é un dos libros máis sobranceiros da nosa literatura.

Trátase dun espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista.

A actividade está programada para o sábado, 10 de abril, ás 19 hrs, na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei da Terra Chá, e é imprescindíbel facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. O prezo do billete é de 5 euros.