Actividades

Camiñada por algúns dos lugares de Outeiro de Rei máis íntimos de Manuel María

Camiñada por algúns dos lugares de Outeiro de Rei máis íntimos de Manuel María

21/11/2019

Polos camiños da tribo é o nome da actividade que guiará Orlando Viveiro o próximo 1 de decembro

 

Polos camiños da tribo é o nome da camiñada que promove a Casa-Museo Manuel María o próximo 1 de decembro. A actividade consistirá nun percurso, de dificultade baixa, duns seis quilómetros, por algúns dos lugares e espazos, de Outeiro de Rei, máis íntimos de Manuel María. 

Orlando Viveiro, divulgador cultural, será a persoa que fará de guía e coa que descubriremos o medio e o patrimonio da parroquia e a súa relación coa vida e obra de Manuel María. Durante o camiño faranse algunhas lecturas de poemas e textos do escritor

A actividade sairá ás 10 hrs da Casa-Museo Manuel María e terá unha duración de dúas horas e media. Para participar (é gratuíta) hai que se inscribir en contacto@casamuseomanuelmaria.gal.