Actividades

"Café, Dorothé?" Un espectáculo para público familiar con Virxilio da Silva e Sonsoles Penadique

04/04/2022

Cantar, bailar e xogar as lindas cancións que con tanto agarimo deixou Dorothé escritas no Cancioneiro Popular Galego

Preguntábanlle as mulleres cando pousaba a gravadora sobre a mesa das cociñas.
-Café, Dorothé?
Preguntábase nas longas horas de pór por escrito as cancións que lle cantaran.
-E vós, queredes café?
Cantar, bailar e xogar as lindas cancións que con tanto agarimo deixou Dorothé escritas nos seus libros. 
Con café, con Antón Santamarina e con moita paciencia e traballo Dorothé logrou realizar esta obra que a día de hoxe segue a ser considerada o máis amplo repertorio da música popular de tradición oral galega.
Os músicos Sonsoles Penadique e Virxilio da Silva presenta este espectáculo para público familiar (crianzas entre 4 e 12 anos) con versións moi persoais das melodías do cancioneiro. Unha sesión para escoitar, facer e vivir a música en familia e achegarse a estes libros que compoñen a máis extensa e minuciosa compilación da música popular galega. 
Rervas (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621