Fundación Manuel María de Estudos Galegos
10/11/2019
Recentemente vén de presentar o seu novo single e videoclip "Disque ao So(u)l"
Brais Morán levará a cabo un concerto íntimo, e en solitario, este sábado 16, ás 20 horas.
Músico con influencias funk, rock, música brasileira, africana e tradicional galega, repasará, este sábado, temas dos seus traballos, "Cruzando o eclipse" (2015) e "No Mato do desespero" (2018), e algúns clásicos dos tempos de Loretta Martin, grupo funk do que foi fundador e integrante e con que gravou tres discos.
Brais vén de presentar, recentemente, novo single, videoclip e novo espectáculo «Disque ao Soul» cargado de Disco-Funk https://www.youtube.com/watch?v=ToRRbAU44Qk