Actividades

"Bailar nas nubes", con Soledad Felloza, este sábado na Casa-Museo

07/04/2019

Trátase dun espectáculo de narración oral dirixido para crianzas entre 5 e 10 anos

A narradora e actriz, Soledad Felloza, estará este sábado, 13 de abril, no auditorio da Casa-Museo Manuel María para contar ás crianzas que se acheguen, e as súas familias, "Bailar nas nubes". O espectáculo trata dunha nena que soña con bailar coas nubes mais a súa casa está pegadiña á terra e moi lonxe do ceo. Só a axuda de novos veciños fará que o soño sexa unha realidade.

As entradas poden reservarse anticipadamente a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal. O prezo da entrada é de 2€.