Actividades

"As Parábolas de Pakolas", o sábado día 24, na Casa-Museo Manuel María

18/03/2018

O espectáculo, que se desenvolverá ás 18 hrs, vai dirixido para o público infantil e familiar

Este sábado, 24 de marzo, ás 18 horas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, e dirixido para público infantil e familiar, teremos a posibilidade de gozar do espectáculo de Pakolas (Paco Cerdeira), “As Parábolas de Pakolas”.

Pakolas, autor, compositor, músico e produtor de música pensada para as nenas e os nenos (formou parte de Mamá Cabra e fundou A Gramola Gominola), interpretará, en directo, unha escolla dos seus temas propios, que xiran en torno ao rock e outros estilos que entusiasman ao público infantil. O eixo do espectáculo radica na combinación das cancións coa narración dalgunhas historias e contos que nelas se recollen, cunha mensaxe final, e que forma así no conxunto, unha fermosa “parábola” musical.

Entre os temas que interpretará este sábado está o seu afamado Campión Internacional, en que fala da importancia do xogo entre os amigos, e sobre todo do xogo tradicional, ou da canción dun personaxe como é O Monstro Antón, que fai cancións de rock pola noite e non para de cantar as súas rimas... Alén doutras historias fantásticas con distintos animais como un parrulo, os ratiños, a quenlla, o furafollas, a curuxa ou un mero.

O espectáculo dura por volta de 1 hora e as familias interesadas en asistirdes poden reservar a entrada (billete 2 euros), quer escribindo a contacto@casamuseomanuelmaria.gal, quer chamando ao 698177621