Actividades

As palabras de Manuel María a través do poeta Manuel de Paderna mañá, día 20, ás 20.30, no Teatro Rosalía, entrada de balde

As palabras de Manuel María a través do poeta Manuel de Paderna mañá, día 20, ás 20.30, no Teatro Rosalía, entrada de balde

19/09/2017

O teatro, a través de "A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna" da compañía Lucecús Teatro, será o protagonista de LÚAS DE OUTONO, homenaxe anual a Manuel María 

Mañá, ás 20.30 hrs, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña poderemos ver dentro da homenaxe anual a Manuel María, LÚAS DE OUTONO, a peza  "A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna" da compañía Lucecús Teatro.

O seu director, Rubén Pérez Pombo, descríbea da seguinte maneira: 

"A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna fala da festa teatral, da celebración, da vida, a través duns titereteiros que chegan a calquera pobo do mundo para levar as palabras de Manuel María, a través da voz doutro poeta popular Manuel de Paderna.
Na realidade Paderna-Manuel María eran amigos que tiñan unha estreita relación; entre outras cousas, fora Paderna quen lle ensinara a facer versos debaixo dunha oliveira en Outeiro. Nas creacións literarias do poeta chairego Paderna ocupa un papel moi importante en moitos dos seus textos. Ficción e realidade que en ocasións semella entroncar cos heterónimos de Pessoa. Mestura infinda, estrutura calidoscópica, xogo e sorriso, María-Paderna...
Manuel de Paderna preséntase como un ilusionista das palabras, poeta popular, barbeiro e alguacil do concello de Outeiro de Rei, que xunto a Don Capitón, o eterno alcalde, a rapaza Teodora ou a señora Abadesa, compoñen unha estrutura que comez e remata con dous titereteiros moi especiais, Rei Lourido e Krilí Kirilá, chegados desde afastadas terras. O obxectivo principal é que o público reciba unha auténtica celebración, unha festa teatral no sentido máis tolo...Todo isto aderezado cos valores propios da escrita de Manuel María e unha selectiva mestura dos seus textos ou poemas que aparecen en libros como Terra Chá, Os soños na gaiola, A tribo ten catro ríos, As rúas do vento ceibe, Cando o mar foi polo río ou O bigote de Mimí entre outros, acompañados polo bo facer de Isa Herrero e Anxo Manoel, compañeiros que sobre as táboas dan alento (e de que maneira) a este xogo de bonecas rusas, a esta festa na que a idea e conclusión final é que "o sorriso é a vida" ".

Non volo perdades!