O Diario da Casa

As nenas e nenos de 1º e 2º do colexio de Outeiro de Rei abriron a nova xeira de visitas escolares deste curso

As nenas e nenos de 1º e 2º do colexio de Outeiro de Rei abriron a nova xeira de visitas escolares deste curso

Como son veciñas e veciños de Manuel María, unha parte grande xa coñecían a Casa-Museo doutras veces: cando menos o auditorio, pois acoden normalmente aos espectáculos musicais ou teatrais que se programan nel. Con todo, descubriron cousas que aínda non sabían e puideron coñecer un pouco mellor a Manuel María.