Actividades

Alumnado de distintos lugares da Galiza xuntouse, durante o día de hoxe, na Casa-Museo Manuel María, para celebrar a V edición do Concurso de recitado Rosalía sempre viva

Alumnado de distintos lugares da Galiza xuntouse, durante o día de hoxe, na Casa-Museo Manuel María, para celebrar a V edición do Concurso de recitado Rosalía sempre viva

06/04/2019

No interior vídeos dos recitados gañadores

Alumnado, docentes e familiares vidos de distintos puntos do país déronse cita este sábado, 6 de abril, na Casa-Museo Manuel María para participaren na fase final da V edición do Concurso de recitado poético “Rosalía sempre viva”. 

O alumnado participante, de entre os 6 e os 18 anos, desenvolveu un concurso cun alto nivel que puxo moi difícil o veredito do xurado.

Os premiados segundo as categorías foron: 
-1ª categoría (1º, 2º e 3º de primaria): As alumnas e alumnos do CEIP Albeiros de Lugo, polo recitado dun revolto de poemas animais de Manuel María.
-2ª categoría (4º, 5º e 6º de primaria): Xulia Arán Paredes do CEIP Canosa-Rus de Coristanco, polo recitado do poema “Nasín cando as prantas nasen...” de Rosalía
-3ª categoría (Educación Secundaria): Adrián Fernández Sánchez do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba, polo recitado do poema “Si a vernos, Marica, nantronte viñeras” de Rosalía.
-4ª categoría (Bacharelato e Ciclos Formativos): Pablo Reñones Lema do IES Auga da Laxe de Gondomar, polo recitado do poema “Xan” de Rosalía

Tamén recibiron unha mención honorífica Lydia López Neira, na categoría 3, do Colexio A Inmaculada de Lugo, polo recitado de “Eu levo unha pena...” de Rosalía; na categoría 2, Sara Martínez Quindimil, do CPI de Xanceda, por “Adiós ríos, adiós fontes...” de Rosalía; e na categoría 1, Daniel Mallo Ríos, do CEIP Canosa-Rus de Coristanco polo recitado do poema de Manuel María “Galiza”.

A Casa-Museo Manuel María agradeceu a todos os presentes, alumnado finalista, familias e profesorado acompañante e público en xeral, a súa total colaboración para que a xornada de convivio decorrese con suceso. 

Galería de vídeos