Actividades

Acto da fase final do Concurso escolar Rosalía sempre viva

As/os alumnas/os escollidas/os na fase previa de centros para pasaren á fase final participarán cos poemas de Rosalía ou Manuel María que escollesen no acto final do certame, que terá lugar o sábado 27 de febreiro na Casa-Museo, en Outeiro de Rei

O sábado 27 de febreiro terá lugar o acto final do Concurso escolar de recitado poético Rosalía sempre viva, dirixido a alumnado galego de todas as etapas do ensino non universitario.