Actividades

A Casa-Museo Manuel María presenta o cartaz e a programación da Vª edición do Convivio da Cultura Galega que se levará a cabo o vindeiro 14 de xullo na Carballeira de Santa Isabel

A Casa-Museo Manuel María presenta o cartaz e a programación da Vª edición do Convivio da Cultura Galega que se levará a cabo o vindeiro 14 de xullo na Carballeira de Santa Isabel

27/06/2018

Outeiro de Rei, vila natal de Manuel María, acollerá o sábado, 14 de xullo, o Convivio da Cultura Galega, que chega xa á súa quinta edición. Esta xornada lúdica e festiva, de convivencia, de recuperación do espírito comunitario da tradicional romaría de Santa Isabel de Outeiro de Rei, está aberta a todas as persoas e a todo o asociacionismo cultural de base que se move en Galiza. A Casa-Museo Manuel María vén de presentar o programa e o cartaz da súa Vª edición. A programación será a seguinte:

11.30 Acollida na horta da Casa-Museo Manuel María. Actuación do grupo de música tradicional Untia e do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa
12.30 Ofrenda floral a Manuel María no cemiterio de Outeiro 
13.00 Concerto da Banda Municipal de Música “Sons e Soños” de Rábade-Begonte-Outeiro, dirixida por Armando Morales Blanco, na Carballeira de Santa Isabel
14.00 Xantar na carballeira (cada quen trae a súa comida)
16.30 Títeres. O grupo de teatro Pereira de Lobos representa "Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo"
17.00 Foliada, para cantar e bailar, con distintos grupos de música tradicional (Untia, Treboada, Birloque Gaiteiros, Coitelo de pau, Parabéns, Reviravolta, Cantareir@s.comTigo...). Anima Xurxo Souto