Actividades

A poesía de Rosalía e de Manuel María festexada este sábado no certame de recitado "Rosalía sempre viva"

18/03/2017 - Outeiro de Rei

Na categoría de 1º, 2º e 3º de primaria o primeiro premio foi para o CEIP Albeiros de Lugo que recitou unha composición conformada por poemas de Manuel María sobre os paxaros; na categoría de 4º, 5º e 6º de primaria, o primeiro premio foi para Rosalía Bernárdez Riopedre do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo polo recitado do poema ‘Unha vez tiven un cravo’ de Rosalía. O primeiro premio da categoría correspondente a Educación Secundaria foi para Mariña Area Falcón, do IES Francisco Asorey de Cambados, polo recitado do poema ‘Cando a luniña aparece’ de Rosalía de Castro e para a categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos foi para Lucía Amaro Losada do IES A Pinguela de Monforte de Lemos polo recitado do poema ‘Silencio’ de Rosalía de Castro. 

Cáseque trescentas persoas de toda Galiza se xuntaron este sábado, día 18, na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei para celebraren a fase final do Certame de recitado de poesía de Rosalía de Castro e de Manuel María "Rosalía sempre viva".

Os premiados foron:

CATEGORÍA 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA
Premio: 
CEIP de Albeiros (Lugo) polo recitado dunha composición de poemas de paxaros de Manuel María
Mención Honorífica:
CEIP Méndez Pelayo (Lugo) polo recitado do poema ‘A natureza’ de Manuel María

CATEGORÍA 4º, 5º e 6º DE PRIMARIA
Premio:
Rosalía Bernárdez Riopedre do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo polo recitado do poema ‘Unha vez tiven un cravo’ de Rosalía de Castro

CATEGORIA EDUCACIÓN SECUNDARIA 
Premio:
Mariña Area Falcón do IES Francisco Asorey de Cambados polo recitado do poema ‘Cando a luniña aparece’ de Rosalía de Castro
Mención Honorífica:
Emma Domínguez Heduy do IES Auga da Laxe de Gondomar polo recitado do poema ‘Un repoludo gaiteiro’ de Rosalía de Castro

CATEGORÍA BACHARELATO
Premio:
Lucía Amaro Losada do IES A Pinguela de Monforte de Lemos polo recitado do poema ‘Silencio’ de Rosalía de Castro

A Casa-Museo Manuel María, organizadora do evento, agradece inmensamente todas as persoas que fixeron posíbel que este sábado xa ido fose unha xornada inesquecíbel: ao alumnado que participou, ao profesorado que acompañou, ás familias que, facendo un considerábel esforzo, ás veces de moi lonxe, tamén quixeron unirse a esta festa e ás persoas voluntarias que máis un ano axudaron en diferentes tarefas para que todo funcionase ben.

"Cando a luniña aparece" de Rosalía por María Area Falcon do IES Francisco Asorey de Cambados

Gañadora da categoría 3 María Area Falcón do IES Francisco Asorey de Cambados

 (2017)

"Silencio" de Rosalía por Lucía Amaro Losada do IES A Pinguela de Monforte

Gañadora da categoría 4 Lucía Amaro Losada do IES A Pinguela de Monforte

 (2017)

"Un repoludo gaiteiro" de Rosalía por Emma Domínguez do IES Auga da Laxe de Gondomar

Mención honorífica categoría 3ª

 (2017)

"Unha vez tiven un cravo..." de Rosalía por Rosalía Bernárdez do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo

Gañadora da categoría 2ª

 (2017)