Actividades

"A pita Xefa", de Títeres Alakrán, este sábado na Casa-Museo Manuel María

A peza, dirixida especialmente para as crianzas, é unha adaptación do texto de Marta Lado, premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade en 2021

Este sábado, día 14 de outubro, ás 17 horas, a Casa-Museo Manuel María recupera, despois do verán, a súa actividade e faino cunha proposta familiar, especialmente dirixida para nenas e nenos entre 4 e 11 anos. A proposta é unha adaptación ao teatro de monicreques por parte da compañía Títeres Alakrán do libro A pita Xefa, de Marta Lado, obra, esta, gañadora en 2021 do Premio Fina Casaldarrey de Literatura Infantil pola igualdade.
 
A peza, que anima a cuestionarse dun xeito divertido os esquemas sexistas dominantes, trata dunha pita que cun soño pode facer moitas cousas como salto de lonxitude, bailar claqué... mais, sobre todo, pode conseguir o máis importante, mudar as normas do galiñeiro.
 
A obra dura 45 minutos e para asistir é necesario inscribirse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whtatsapp 698177621 (billete: 2 euros)