Actividades

A música amorosa das palabras. Concerto de clausura do Ano Manuel María

15/12/2016 - A Coruña. Teatro Colón

Os versos de Manuel María soaron nas voces de Uxía e Xabier Díaz que fixeron un repaso por distintos momentos da obra do autor chairego, acompañados por Guillerme Fernández, Sérgio Tannus, Santi Cribeiro e Paulo Silva.

A música amorosa das palabras permitiu escoitar vinte pezas da poética de Manuel María, desde os cantos emocionados á casa onde naceu, na Terra Chá, aos cantos amorosos e máis comprometidos na defensa da lingua.

Con este concerto, a Casa-Museo Manuel María quixo pór o broche final a un ano de actividades moi intenso e agradecer a contribución de todas cantas persoas e entidades participaron na proxección da figura e obra do poeta de Outeiro de Rei.

Galería de fotos

A música amorosa das palabras. Concerto de clausura do Ano Manuel María

A música amorosa das palabras. Concerto de clausura do Ano Manuel María

 (2016)