Actividades

A longametraxe documental "Vértice de Versos" proxéctase este sábado na Casa-Museo Manuel María

A longametraxe documental

02/12/2018

O documentario repasa o acontecido, desde os anos noventa, na poesía galega

A Casa-Museo Manuel María programa para este sábado, día 8 de decembro, ás 19 hrs, unha longametraxe documental titulada “Vértice de Versos”, en que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético da Galiza (http://carloslorenzo.gal/verticedeversos/) .


Dirixido e producido por Carlos Lorenzo, este proxecto audiovisual presta atención ao valor didáctico que permite coñecer a principal fonte literaria galega. É a primeira vez que un documentario se adentra na poesía galega, descubrindo a súa historia, contando a revolución literaria dos 90 e coñecendo como están sendo as novas formas de expresión poética.


Ao final da proxección haberá un coloquio co seu director. A entrada é libre até completar o aforo (Pode reservarse anticipadamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no tel. 698177621)