Actividades

A contadora de historias, Soledad Felloza, estrea este sábado un espectáculo baseado en textos narrativos de Manuel María

A contadora de historias, Soledad Felloza, estrea este sábado un espectáculo baseado en textos narrativos de Manuel María

Será ás 19 hrs no auditorio da Casa-Museo 

Mañá sábado, na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei da Terra Chá, ás 19 horas, a contadora de historias, Soledad Felloza, estrea un espectáculo de narración oral baseado en textos narrativos de Manuel María. 
Manuel María, un dos escritores máis prolíficos da literatura galega, desenvolveu un amplo quefacer no xénero da narrativa. Desta produción, variada en fórmulas e temáticas, constrúe Soledad Felloza o seu espectáculo. 
Soledad Felloza, actriz, dramaturga, fotógrafa e narradora, é a directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, con sede en Galiza. Ademais, imparte formación en narración oral e desenvolve unha salientábel labor de animación á lectura en distintas bibliotecas do país. En 2015, a súa publicación “A cociñeira do Rei”, foi premio europeo de narración oral ao mellor conto para nenas e nenos.  
A entrada para esta actividade é libre mais é imprescindíbel facer reserva previa a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no tel. 698177621