Fundación Manuel María de Estudos Galegos
27/09/2020
Trátase dunha camiñada por algúns dos espazos máis íntimos de Manuel María na súa parroquia natal
"Polos camiños da tribo" é o nome do roteiro que promove a Casa-Museo Manuel María este domingo, 4 de outubro, ás 10 hrs. O percurso de dificultade baixa, duns seis quilómetros, será por lugares da parroquia de Outeiro de Rei e das parroquias limítrofes.
Orlando Viveiro, divulgador cultural, será a persoa que fará de guía e con quen descubriremos o medio e o patrimonio da localidade. Durante o camiño faranse lecturas de poemas e textos de Manuel María vinculados aos espazos.
A actividade sairá ás 10 hrs da Casa-Museo Manuel María e terá unha duración por volta das tres horas. Para participar (é gratuíta) hai que se inscribir previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal