Actividades

A Casa-Museo convida a celebrar o aniversario de Rosalía cunha pequena homenaxe en que a música e a poesía serán as protagonistas

A Casa-Museo convida a celebrar o aniversario de Rosalía cunha pequena homenaxe en que a música e a poesía serán as protagonistas

14/02/2019

O vindeiro 24 de febreiro, domingo, é o Día de Rosalía e aniversario do seu nacemento. A Casa-Museo Manuel María, como en moitos lugares do país, tamén quere festexar esta data e convida todas as persoas que queiran a participar da celebración. Será ás 12.30 e non durará máis de unha hora.
 
A actividade consistirá nunha pequena homenaxe popular, frente a Casa-Museo, en que se intercalará a música co recitado e a lectura de poemas de Rosalía.
 
A maneira que se pode participar pode ser:
 
-Alborada para Rosalía. Os grupos tradicionais ou as gaiteiras e gaiteiros que se queiran anotar (contacto@casamuseomanuelmaria.gal), tocarán, cada un dos grupos ou gaiteiras/os, unha peza en honra de Rosalía (poderá ser a Alborada ou outra que queiran). Esta actividade está promovida pola Asociación de Gaiteiras/os Galegas/os e a Fundación Rosalía.
 
-Rosalía na túa voz. As persoas que queiran poderán recitar ou ler un poema de Rosalía. Para isto cómpre enviar, para non repetir poemas, un correo electrónico (contacto@casamuseomanuelmaria.gal) co nome da persoa, o poema que vai ler ou recitar e un número de teléfono de contacto.
 
-Asistindo e gozando da actividade.