Actividades

Constitúese a Asociación de amigas e amigos da Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

Constitúese a Asociación de amigas e amigos da Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

Na mañá do día 17 de abril, nunha reunión presidida por Saleta Goy, quedou constituída no Museo do Pobo Galego a Asociación de Amigos e Amigas da Fundación Manuel María de Estudos Galegos.  A súa finalidade é a de impulsar a adquisición da casa natal do escritor en Outeiro de Rei para convertela na súa Casa Museo.

Desde agora os amigos e amigas de Manuel María terán a oportunidade de articular a súa colaboración co proxecto da Casa Museo do escritor e estar puntualmente informados da súa marcha.
A forma de facelo será moi flexíbel e cun funcionamento aberto, tal como informou o Secretario da Fundación, Alberte Ansede. Aínda que se estableceu como referencia unha pequena cota mensual de 5 euros, en realidade cada quen fará a contribución que desexe, e non ten porque ser de carácter económico. De feito, houbo persoas que lle comunicaron ao Padroado o seu desexo de colaborar profesionalmente e mesmo aportando documentos relacionados con Manuel María.
Os arquitectos encargados do proxecto técnico, Xan Casabella e Xosé Díaz Vieites, mostraron as características da edificación no seu estado actual e o deseño das reformas que a Fundación ten previsto acometer para ser un verdadeiro centro de difusión cultural arredor de Manuel María.
Felipe Senén, pola súa parte, falou da necesidade de sacar este proxecto adiante e da indispensábel implicación de todos e todas.
Tamén se presentou a obra “Cecais hai unha luz” escrita no 1979. Dela dixo Camilo G. Torres que era unha “obra singular na traxectoria de Manuel María” e que o paso do tempo, “mais que murchala, acrecentou a súas bondades”. Cada un dos asistentes levouse un exemplar como lembranza da data.
Os asistentes tamén puideron coñecer anticipadamente a presente páxina web, agora recén estreada. Foi Xoán Díaz quen o fixo. Será el, xuntamente coa empresa Enxenio, quen faga posíbel que vaiamos incorporando nela unha grande cantidade de información textual, fotográfica, bibliográfica, videográfica e musical.
Mediante este recurso escoitouse de novo no auditorio a voz cálida e emocionada do poeta recitando os seus propios versos.
O acto rematou co agradecemento emocionado aos asistentes de Saleta Goy.

Galería de fotos

Presentación da asociación de amigas e amigos da Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

Presentación da asociación de amigas e amigos da Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

 (2010)